miércoles, 31 de mayo de 2017

PORTADA

Hola a todos.
Aquí neste blog intentarei introducir as cousas que fomos aprendendo o longo do curso. Aplicacións usadas, actividades realizadas, opinións persoais, tarefas realizadas, etc.
Así como a experiencia persoal do diseño e implementación na aula da tarefa integrada proposta no curso.
Espero que vos sexa de axuda.
Un saludo Teri

ÍNDICE

EVIDENCIAS DO PORTAFOLIO

ÍNDICE:
  • Portada- saúdo  e explicación breve do blog.
  • Cuestionario KPSI- Elaborado no curso e contestado de novo no blog do curso.
  • Deseño de tarefas integradas: Parada de 3´. Traballo feito no curso e opinións persoais.
  • Recoller dúas evidencias para o portafolio que farán os teus alumnos na tarefa: Diseño da tarefa integrada completa.
  • Despois da implementación da aula: 2 cousas a manter e dúas a modificar.
  • Grellas do deseña da vosa tarefa : Proceso da aplicación da tarefa na aula.
  • Lista de pros e contras cara o cambio metodolóxico, iniciais e finais.
  • Outros aspectos: Recollida dos aspectos que nos foron explicando no curso

jueves, 25 de mayo de 2017

CUESTIONARIO KPSI

Como comezo do curso deberíamos cubrir este cuestionario para avaliar os nosos coñecementos do que se ía tratar para enfocar mellor o curso. Logo comprobaríamos uns gráficos coas respostas obtidas por tódolos participantes.


















Xa pechando o curso debemos contestar de novo a este cuestionario, as respostas cambiaron considerablemente.

DESEÑO DE TAREFAS INTEGRADAS. Parada de 3´

Por equipos completamos no seu momento esta presentación coas respostas as preguntas que nos propuseron do que se acababa de explicar :

Persoalmente estas son as miñas respostas despois de todo aprendido ata este momento:
  • 2 COUSAS QUE ENTENDO?

- Para traballar por tarefas necesítase dunha boa planificación e ter moi claro que queres conseguir.
- Ao traballar por tarefas integradas fas aos nosos alumnos máis competentes.

  • 2 COUSAS QUE ME PREGUNTO?
- Atoparemos o tempo suficiente e a imaxinación necesaria para atopar tarefas que traballen o curriculum establecido en cada curso.
- Como atopar un bo sistema para poder avaliar xustamente os traballos en equipo?

  • 2 COUSAS QUE APRENDÍN
- Que cando empezas a diseñar tarefas, pouco a pouco aparecen ideas  doutras que podes realizar.
- Que para levar a cabo unha tarefa integrada necesita de moita planificación e ter todo ben preparado se queres que saia ben.

miércoles, 24 de mayo de 2017

LIÑA DE DESEÑO DA MIÑA TAREFA

Deseño Tarefa Rap Despraza a barra da dereita para ver todo

DESPOIS DA IMPLEMENTACIÓN NA AULA

- 3 Cousas a manter:
Realizar un Cuestionario KPSI
Traballo en equipos con tablets

- 3 Cousas a modificar.
Incluir dentro das actividades o tempo en que se deben realizar.
Poñer diferentes actividades os diferentes equipos da clase, que logo deben compartir entre eles para axilizar o proceso

martes, 23 de mayo de 2017

EVIDENCIAS DA TAREFA INTEGRADA REALIZADA NA CLASE

LISTA DE PROS E CONTRAS CARA O CAMBIO METODOLÓXICO

PROS:
- A motivación dos alumnos.
- Como están motivados, recordan mellor o aprendido.
- Conséguese que non sexan tan individualistas e aprendan a valorar aos demais e o traballo en equipo.
-Melloran no aspecto social.

CONTRAS
- Leva moito tempo deseñalo.
- Tamén tárdase moito tempo en realizado, para conseguir traballar poucos estándares.
- Dificultade engadida de poder poñerse dacordo co resto dos profesores. (máis tempo).
- Necesidade de ser unha persoa creativa para poder imaxinar tarefas motivantes.

lunes, 22 de mayo de 2017

QUE APRENDÍN NA PRIMEIRA SESIÓN?

1º DÍA 19-4-2017: Formación de equipos

QUEDOUME CLARO: Traballar en cooperativo facilita traballar por competencias.

¿Cómo comezar a traballar por equipos?

- Debemos formar  equipos compensados.
- Unha vez formados débese realizar a cohesión do equipo.
  • Utilizamos a dinámica cooperativa: O branco  e a diana ( ademais de cohesionar o equipo  servíunos para chegar ao nome do equipo), empregando ao mesmo tempo a estructura cooperativa do folio xiratorio.
- Repartir cargos de: Coordinador, Secretario, Portavoz, Axudante.
  • Elaboramos un plan de equipo con: Obxectivos do equipo, Nomes e cargos e por último nome con compromiso persoal e sinatura.
- Importancia dunha avaliación inicial. Onde obtemos información sobre a percepción que o alumnado ten do seu grao de coñecemento dos contidos que se propoñen.
  • Utilizouse un Cuestionario KPSI (utilizando un medio tecnolóxico: tablet ou ordenador) De maneira moi visual por medio de diagramas de barras aparecen as respostas, que nos reflexan a situación da aula nese momento.
- Posta en marcha dos equipos.
  • Para recopilar ideas previas do equipo que logo levarase a unha posta en común, empregouse a estructura cooperativa do Folio Xiratorio. 
  • Lense todas as ideas que saen do equipo e elabórase unha única resposta de cada unha das preguntas plantexadas. Escribíndoas nunhas tarxetas que se levarán ao muro para a posta en común dos equipos. Aquí emprégase a aplicación POS-IT para apple, que fai unha foto de tódalas respostas e que logo pódense organizar, eliminar as ideas repetidas e quedarse coas ideas principais; para centrar o traballo.
  • Uso del blog, como muro público dos traballos realizados.

SEGUNDA SESIÓN- Padlet e Google presentacións

USO DE FERRAMENTAS PARA O TRABALLO COOPERATIVO:
  • Padlet
  • Google drive (presentacións).
- O Padlet pódese usar para poder saber o que opinan tódalas persoas que forman a clase e facer unha posta en común. Tamén podería empregarse como avaliación inicial,
Utilizouse a estrutura cooperativa do folio xiratorio, empregando  o ordenador e a ferramenta do Padlet.
Para isto nos expricaron de xeito breve como facer un muro colaborativo e como colgalo nun blog de forma pública para que poidan acceder os nosos alumnos sen necesidade de estar rexistrado nesta ferramenta.
O tema que tratamos era: "Razóns para cambiar de metodoloxía".

- Google drive (presentacións).Por outro lado utilizouse o google drive para o traballo en equipos. A cada equipo asígnaselle unha páxina onde pode facer parte do seu traballo. 
Maneira utilizada e facer unha presentación con páxinas en blanco e compartila a través do blog. Deste xeito non é necesario ter contas de correo para poder acceder e traballar con esta ferramenta.

domingo, 21 de mayo de 2017

TERCEIRA SESIÓN

A AVALIACIÓN- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

  • As rúbricas.
Flipped Classroom visualizamos un vídeo onde se nos explica que é a avaliación e que son os instrumentos de avaliación.

sábado, 6 de mayo de 2017

QUINTA SESIÓN- Crear un Stop Motion

Tarefa de equipo




























Elaborar un spot publicitario.
Pensar un eslogan. Preparar tódalas letras que formen a frase escollida.
Utilizar as aplicacións:

  •  Stop Motion e
  •  iMovie.

Na elaboración do Stop Motion aconséllase que se saque por cada letra dúas fotos e entre palabras 4 fotos sen nada (espacios).
Co vídeo elaborado introducilo en iMovie e poñerlle voz.

CONSELLOS DE GRAVAR UN RAP

QUINTA SESIÓN- Crear un RAP

Actividade proposta para o equipo



























-Elixir en youtube unha base de rap libre e descargala en mp3. Podemos facelo online en:
  • www.vidtomp3
  • http://www.youtube-mp3.org/es
- Debemos Adaptar a poesía a música e facer a gravacón en Audacity.  Gardala e exportala en mp3.
- Por último Subir o audio a radioteka.

jueves, 4 de mayo de 2017

CUARTA SESIÓN- ThingLink

Mural interactivo. Introduce: imágenes, texto, enlaces, vídeo.

CUARTA SESIÓN- ImageChef

Nubes de ideas, portadas o contraportadas,etc

CUARTA SESIÓN- grabadora

Puedes grabar un audio para utilizar en otra aplicación como ThingLink.

CUARTA SESIÓN- Typorama

Crea una portada con imagen y texto.

CUARTA SESIÓN- generadordegraficos.com

Crea un diagrama de barras con los datos obtenidos de una encuesta,etc

CUARTA SESIÓN- Popplet lite

Crea un esquema, un mapa mental , unas instrucciones,etc.

CUARTA SESIÓN- Pic-Collage

Crea portadas atractivas. Haz carteles.