lunes, 22 de mayo de 2017

QUE APRENDÍN NA PRIMEIRA SESIÓN?

1º DÍA 19-4-2017: Formación de equipos

QUEDOUME CLARO: Traballar en cooperativo facilita traballar por competencias.

¿Cómo comezar a traballar por equipos?

- Debemos formar  equipos compensados.
- Unha vez formados débese realizar a cohesión do equipo.
  • Utilizamos a dinámica cooperativa: O branco  e a diana ( ademais de cohesionar o equipo  servíunos para chegar ao nome do equipo), empregando ao mesmo tempo a estructura cooperativa do folio xiratorio.
- Repartir cargos de: Coordinador, Secretario, Portavoz, Axudante.
  • Elaboramos un plan de equipo con: Obxectivos do equipo, Nomes e cargos e por último nome con compromiso persoal e sinatura.
- Importancia dunha avaliación inicial. Onde obtemos información sobre a percepción que o alumnado ten do seu grao de coñecemento dos contidos que se propoñen.
  • Utilizouse un Cuestionario KPSI (utilizando un medio tecnolóxico: tablet ou ordenador) De maneira moi visual por medio de diagramas de barras aparecen as respostas, que nos reflexan a situación da aula nese momento.
- Posta en marcha dos equipos.
  • Para recopilar ideas previas do equipo que logo levarase a unha posta en común, empregouse a estructura cooperativa do Folio Xiratorio. 
  • Lense todas as ideas que saen do equipo e elabórase unha única resposta de cada unha das preguntas plantexadas. Escribíndoas nunhas tarxetas que se levarán ao muro para a posta en común dos equipos. Aquí emprégase a aplicación POS-IT para apple, que fai unha foto de tódalas respostas e que logo pódense organizar, eliminar as ideas repetidas e quedarse coas ideas principais; para centrar o traballo.
  • Uso del blog, como muro público dos traballos realizados.