jueves, 25 de mayo de 2017

DESEÑO DE TAREFAS INTEGRADAS. Parada de 3´

Por equipos completamos no seu momento esta presentación coas respostas as preguntas que nos propuseron do que se acababa de explicar :

Persoalmente estas son as miñas respostas despois de todo aprendido ata este momento:
  • 2 COUSAS QUE ENTENDO?

- Para traballar por tarefas necesítase dunha boa planificación e ter moi claro que queres conseguir.
- Ao traballar por tarefas integradas fas aos nosos alumnos máis competentes.

  • 2 COUSAS QUE ME PREGUNTO?
- Atoparemos o tempo suficiente e a imaxinación necesaria para atopar tarefas que traballen o curriculum establecido en cada curso.
- Como atopar un bo sistema para poder avaliar xustamente os traballos en equipo?

  • 2 COUSAS QUE APRENDÍN
- Que cando empezas a diseñar tarefas, pouco a pouco aparecen ideas  doutras que podes realizar.
- Que para levar a cabo unha tarefa integrada necesita de moita planificación e ter todo ben preparado se queres que saia ben.